A Eli
A ti,
polo mundo, :BULIDEIRA: na terra
Contigo,
Ás veces as explicacións
profundas ou retorneadas
da reflexión non dan fe
do que verdadeiramente
somos.
E do que por ser,
sentimos.
-Por iso estes versos
improvisados-
Somos nós:
Apertas infinitas
envoltas
en diálogos interminábeis
do 4º D.
Fraternal tándem en loita
pola liberdade,
dende Galegos.
Amizade etnográfica
aturuxada
en repugnancia exterior,
dende Orbazai.
Por e para ti,
Elinha nosa querida,
co agarimo dos enchentes
simposios
estes versos do Nordés,
da túa terra meiga,
con vectores que sopraron
cara o Levante
nese vendaval que todo o
move:
o amor.
O noso por ti,
o teu por Henry,
o de Henry polo teu
Norte.
Fermoso trisquel, forza
eterna:
“BULIDEIRA”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario